5
1 / INDICACIÓNS PARA O USUARIO
GL
•
Modo de uso
— Este electrodoméstico non foi concibido para o seu uso por parte de persoas (incluídos os
nenos) cuxas capacidades físicas, sensoriais ou mentais estean minguadas, nin por parte de
persoas privadas de experiencia ou coñecementos para facer uso do mesmo, agás no caso de
contar coa xuda doutra persoa responsable pola súa seguridade, vixilancia ou instrucións previas
con respecto á utilización do aparello.
— Utilice unicamente produtos concibidos especificamente para o seu lavalouza (sal abrandador
de auga, deterxente ou produtos de aclarado).
— Evite, sempre que sexa posible, abrir a porta do lavalouza cando estea en marcha, máis
concretamente durante as fases de quecemento, porque despide vapor ou auga a elevadas
temperaturas e podería salpicalo. O lavalouza está provisto dun sistema de seguridade que, en
caso de abrirse a porta, detén de inmediato o funcionamento do aparello.
— Non empregue nunca disolventes químicos no seu lavalouza xa que correo o risco de que
se produza unha explosión.
— Peche sempre a porta do seu lavalouza despois de cargar ou retirar a louza.
— Non se apoie ou se sente na porta do lavalouza cando estiver aberta. Perigo : corre o risco que
se desequilibre o lavalouza.
— Desconecte o lavalouza sempre antes de realizar calquera operación técnica no mesmo.
— Tente non colocar o electrodoméstico preto doutros aparellos de cociña ou de quecemento para
evitar que se produzan danos debido á calor.
— Non introduza no lavalouza elementos que non estean homologados para o lavado neste tipo de
electrodoméstico.
— En caso de retirar unha peza da louza antes da fin do programa de lavado, é importante que a
aclare con auga dabondo para eliminar os eventuais restos de produtos de lavado.
— En caso de producirse unha avaría, non tente reparala vostede mesmo en ningún caso.
Toda reparación efectuada por persoal non cualificado pode provocar danos ou desaxustes
importantes.
•
PROTECCIÓN DO AMBIENTE
Os materiais de embalaxe deste electrodoméstico son reciclables. Contribúa á reciclaxe así
como para a protección do ambiente botando as embalaxes nos colectores municipais previstos a
tal efecto.
O seu lavalouza tamén contén numerosos materiais reciclables e por iso porta este
logotipo que lle indica que dentro da Unión Europea os electrodomésticos usados non
deben botarse ao lixo xunto con outros residuos. A reciclaxe de electrodomésticos
xestionada polo fabricante realizarase nas mellores condicións posibles, consonte a
directiva europea 2002/96/CE sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.
Póñase en contacto co seu concello ou distribuidor para coñecer os puntos de recollida
dos electrodomésticos usados máis próximos ao seu domicilio.
Agradecémoslle a súa colaboración na protección do ambiente.
•
LAVADO ECONÓMICO Y ECOLÓXICO
— Retire os restos de alimentos da súa louza (ósos, pebidas...).
— Non lave a mao a louza antes de metela no lavalouza, xa que sería unha perda inútil de auga.
— Aproveite todas as capacidades do seu lavalouza: lavar con el será máis económico
e respectuoso co ambiente.
— Seleccione sempre un programa de lavado en función do tipo de louza e do nivel de sucidade.
— Evite utilizar doses excesivas de deterxentes, sal de lavalouza e líquido de aclarado. Teña boa
conta das recomendacións recollidas neste manual (páxinas 8-14) así como as indicacións
descritas na embalaxe do produto.
— Asegúrese de que ten ben axustada a dose de abrandador de auga (vexa a páxina 10).