Brandt IF-LIGHT30S Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário

Este manual também é adequado para

1
5 min
5
galego
49
1
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utilizares túa placa.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos
correspondentes.
2
Instalación
Uso
Identifica o modelo da túa placa (“a”, “b”, “c”,
d”, “e”, “f”, “g”, “h”, “i”, “j”, “k”, “l”) comparando
o número e disposición dos focos do teu aparello
co das ilustracións.
1.1 Desembalaxe. Retira todos os elementos de
protección.
1.2 Encaixe no moble. TTen sempre en conta
os datos da placa de características (1.2.1),
as zonas de ventilación (1.2.2) e as medidas
do moble no que se vai encaixar a placa
(1.2.3). Pega a xunta de escuma ao longo da
contorna exterior da placa para lograr unha
boa estanquidade (1.2.4). Dá a volta á placa
e introdúcea no oco (1.2.5). Suxéitaa ao
moble cos catro enganches subministrados
(1.2.6). Asegúrate de que pode circular aire
desde a parte traseira da placa e que é
expulsado pola dianteira (1.2.7).
1.3 Conexión á rede eléctrica. A placa
subminístrase con cable de alimentación.
Verifica que tipo de cable ten a placa.
Clasifica por número de fíos e identifica
as cores: Cable de 3 fíos (1.3.1) a) verde
amarelo, b) azul, c) marrón. Cable de 5 fíos
(1.3.2) a) verde amarelo, b) azul, c) marrón,
d) negro, e) gris. Cable de 8 fíos (1.3.3) a)
verde amarelo, b) azul, c) marrón, d) negro, e)
gris.
Recomendación: Cómpre que a instalación da
placa a efectúe un instalador autorizado, que
seguirá as instrucións e esquemas do fabricante.
Se se monta un forno doutra marca, cómpre
que o forno estea illado da placa. A placa
de indución non se debe instalar enriba dun
lavalouzas, lavadora, neveira ou conxelador. Non
utilizar materiais non removibles como a silicona.
A distancia entre o borde da placa e a parede
lateral ou traseira debe ser, como mínimo, de 40
mm.
0
Identificación
Antes de utilizares a túa nova placa por primeira
vez ten en conta que a indución é unha
tecnoloxía que transmite directamente o calor
ao recipiente, polo que todos os recipientes que
utilices deben ter unha base ferromagnética.
2.1 Escolla do recipiente. É moi importante
escoller o tipo de recipiente que se debe
usar co obxecto de conseguir o mellor
rendemento da placa, así como os mellores
resultados na elaboración dos alimentos. En
principio, calquera recipiente ao que o imán
quede adherido no seu fondo é válido para
a indución (2.1.1). Introduce o alimento que
se vai cociñar no recipiente. Nunca poñas a
quentar en baleiro o recipiente (2.1.2). Nos
focos radiantes vitrocerámicos, ademais
dos recipientes para indución, tamén son
válidos os de barro, cobre ou inoxidable. Os
de aluminio non son aconsellables porque
poden formar manchas sobre o vidro da
placa.
2.2 Selección do foco. Dispós de varios focos
para colocar os recipientes
Selecciona o que che interesa en función
do tamaño do recipiente. Se a base do
recipiente é moi pequena, o indicador de
potencia escintila e non funciona o foco
aínda que sexa material válido para indución.
Asegúrese de non utilizar recipientes cun
diámetro inferior no fondo ao detallado na
táboa.
Ø do foco Ø mín. fondo recipiente
16 cm 10 cm
18 cm 12 cm
21 cm 18 cm
28 cm 12 cm
Sección Zone 12 cm
Zone completo 18 cm
Recomendación: Non arrastrar os recipientes;
podería rascarse o cristal da placa.
Non colocar na superficie de traballo obxectos
metálicos como coitelos, garfos ou tapas, xa que
se poderían quentar.
galego
50
2.3 Acendido do foco. Pulsa
e comezará a
escintilar
0
.
2.4 Selección da potencia. Axústaa pulsando
ou .
2.5 Selección do tempo de cocción
Podes seleccionar o tempo de duración de
funcionamento do foco, selecciona o tempo
pulsando ou sobre a icona de tempo
. Unha vez finalizado o tempo, o foco
desconéctase de forma automática, emitindo
un asubío.
FOCOS ESPECIAIS
2.6 Foco dobre vitrocerámica: Pon a zona
principal á máxima potencia (2.6.1). Un
impulso adicional en accionará a zona
dobre (2.6.2) e un sinal sonoro e un punto
na pantalla confirmarán a súa instrución; xa
pode regular a potencia como necesite
, . Para apagar a zona dobre, pulse en
parada e despois en marcha
, e regule
a súa potencia
, .
2.7 Foco Zone: Este foco podes utilizalo de
forma independente, como dous focos
unitarios
ou de forma conxunta,
como un único foco
. Pulsa a tecla
do foco que desexes utilizar e sigue
os pasos do punto (2.4) para seleccionar
potencia e (2.5) para seleccionar a
duración.
FUNCIÓNS ESPECIAIS
2.8 Función Acceso directo
. Permite
acceder directamente a unha potencia
seleccionada.
Co foco aceso
pulsa
e accederás
á potencia
8
que é a predeterminada polo
fabricante (2.8.1). Para modificala ten o
foco apagado (sen activar
) e mantén
pulsado durante uns segundos ata
que soe un bip e escintile
8
. Selecciona a
nova potencia desexada pulsando , .
Valida pulsando de novo a tecla . (2.8.2,
2.8.3, 2.8.4).
2.9 Función Total . Permite acceder
a un cambio de potencia nun tempo
seleccionado. Co foco aceso
e a unha
potencia determinada , , pulsa
(2.9.1). Selecciona a nova potencia
coas teclas , (2.9.2) e o tempo con
, sobre o símbolo do
(2.9.3).
Valida pulsando de novo a tecla e
verás a nova potencia cun punto (2.9.4).
Transcorrido o tempo seleccionado a
potencia volve á posición inicial e o punto
desaparece (2.9.5).
2.10 Función Booster : Permite atinxir
rapidamente a temperatura máxima, o que
é útil para quentar ou facer ferver líquidos
rapidamente. Co foco aceso
, pulsa
, e verás (2.10.1). Unha vez o
líquido entra en ebulición, selecciona a
potencia desexada pulsando (2.10.2).
Nota importante: con activado, a
máxima potencia que se pode utilizar nun foco
adxacente é 6.
2.11 Programación diferida : Permite
axustar a hora de finalización e duración do
cociñado. Non se pode utilizaris dun
foco á vez.
Co foco aceso
, pulsa
(2.11.1),
e verás a hora actual. Se a hora non é
correcta, axústaa coas teclas , de
potencia para os dous díxitos da hora
(2.11.2) e coas teclas , sobre o
símbolo do
para os dous díxitos dos
minutos (2.11.3). Valida a hora pulsando
a tecla
(2.11.4). A continuación
axusta de igual xeito a hora de finalización
de cociñado (2.11.5, 2.11.6) e valida
pulsando
(2.11.7). Axusta a duración
de cociñado coas teclas , sobre o
símbolo do
(2.11.8) e valida pulsando
(2.11.9). Selecciona a potencia
pulsando
, (2.11.10) e valida
pulsando
(2.11.11). Verás
e
seguidamente apagarase e quedaun
punto vermello (2.11.12).
Nota importante: A programación diferida non
se poderá utilizar ao mesmo tempo en máis
dun foco. Os valores de finalización, duración
e potencia desexados débense ir axustando
mentres os díxitos están intermitentes.
OUTRAS FUNCIÓNS
2.12 Función quentamento rápido (P punto)
: Permite obter unha maior potencia
durante un tempo determinado. Pulsa
ata a posición (2.12,1). Solta o mando e
a escintilará (2.12.2). Pulsa de novo
e porase en posición máxima potencia
(2.12.3). Pulsa e selecciona a potencia
desexada (2.12.4). Verase (2.12.5).
Cando remate o tempo pertinente, volve á
potencia seleccionada.
galego
51
3
Mantemento e
limpeza
Ao non se quentar moito o vidro nas placas de
indución, a limpeza é sinxela. Non obstante,
limpa canto antes os derrames e salpicaduras
cun pano húmido ou cun trapo de papel
laminado. Para sucidade máis resistente, utiliza
produtos específicos para vitrocerámicas.
Nos modelos mixtos con focos radiantes, o
vidro atinxe unha temperatura elevada; procura
limpar o antes posible e evita que os derrames
sequen. Para limpar as manchas requentadas
utiliza unha esponxa con auga xabonosa e un
rascador especial para vidros.
Non utilices un limpador de vapor.
O uso de produtos de limpeza abrasivos ou
estropallos metálicos duros para limpar a placa
pode riscar a superficie e provocar a rotura do
vidro.
Eliminar inmediatamente as manchas e restos
de azucre xa que poden danar a superficie da
placa.
Recomendacións: Despois de seleccionar a
potencia se non escolles unha potencia de
traballo final, o foco apagarase.
Mentres se ve calquera acción nos mandos
de potencia anula a función.
2.13 Función bloqueo: Para evitar
manipulacións por parte dos nenos, ten
pulsado durante 3 segundos a tecla
e
activarás o bloqueo. Para desbloquealo,
repite a operación.
2.14 Sinal sonoro: Para desactivar o sinal,
a placa ten que estar apagada. Actúa
sobre o foco inferior dereito da placa,
pulsando simultaneamente as teclas
de potencia e de tempo ata que vexas
, mantén pulsadas as teclas ata
que desaparezan os díxitos (2.14.1). Para
activar repite a operación.
Recomendacións: Utiliza preferentemente
zonas de cocción situadas en lados diferentes.
Evita golpes dos recipientes sobre o cristal.
Utiliza recipientes válidos para indución.
Utiliza recipientes con fondo groso e plano.
Advertencias: Se deixas algún obxecto enriba
dos sensores, a placa emitirá sons e apagarase.
A placa apágase automaticamente despois
dun tempo estimado de seguridade, que varía
segundo a potencia seleccionada (de 1 a 10
horas).
Ao ferver líquidos en potencias altas,
escoitarase un zunido debido ao encaixe das
frecuencias dos focos. É normal.
Nos modelos mixtos con focos radiantes,
non toques esas zonas porque che poderías
queimar.
4
Solución de
problemas
Non funciona. Verifica se está conectado e
comproba os interruptores diferenciais.
Saltan os diferenciais. Verifica a conexión.
Ao conectar aparece un sinal luminoso.
É normal, a mensaxe desaparece após 30
segundos.
Nas primeiras coccións emana olor. Quenta
unha cazola chea de auga en cada foco durante
1/2 hora.
A placa non funciona e aparece unha
mensaxe. Chama o servizo técnico.
Non funciona e aparece
. Desbloquea a
seguridade para nenos (4.1.1).
Non funciona e aparece ou
e un sinal
sonoro. Limpa ou retira os obxectos que se
encontren sobre os sensores (4.1.2).
galego
52
6
Medio ambiente
5
Seguridade
A placa foi deseñada pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente. Utiliza as
potencias axeitadas para cada cocción. Ao
rematar, se o desexas nos modelos con focos
radiantes pon o recipiente no mesmo lugar para
utilizar o calor acumulado; deste xeito aforrarás
enerxía.
Utiliza unha tapa sempre que poidas para reducir
a perda de calor por evaporación.
Xestión de residuos de aparellos eléctricos e
electrónicos.
Non elimines os aparellos mesturándoos con
residuos domésticos xerais.
Entrega a túa placa nun centro especial de
recolla.
A reciclaxe de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde, o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou establecemento onde
adquiriches a placa.
• Cómpre que o circuíto da rede que alimenta a
placa teña un interruptor de corte omnipolar
de, polo menos, 3 mm de separación entre
contactos.
• A instalación debe estar dimensionada á
potencia máxima indicada na placa de
características e a toma de corrente con toma
de terra regulamentaria.
• Se o cable está danado, debe ser substituído
polo seu servizo posvenda ou persoal
cualificado semellante, co fin de evitar un
perigo.
• Os focos de indución dispoñen dun sistema de
detección de recipientes. Só quentar se hai un
recipiente.
• Despois de cada utilización, desconecta o
foco mediante o seu control, Non confíes no
detector de recipientes.
• Se a supercie do vidro se agreta ou rompe,
desconecta de inmediato o aparello da rede
para evitar un posible choque eléctrico. Non
utilices a placa ata cambiar o vidro.
• Mantén afastados os nenos pequenos e utiliza
o sistema de bloqueo para evitar que poidan
xogar cos mandos.
• Este aparello non está destinado a ser utilizado
por persoas con capacidades reducidas.
• Cómpre que a instalación da placa a efectúe
un instalador autorizado, que seguirá as
instrucións e esquemas do fabricante.
• Despois dunha utilización intensiva, a zona de
cocción pode continuar quente e verase un
.
Evita tocar esas zonas (5.1.1).
Protección en caso de desbordamento: En
casos de desbordamento ou obxectos que
cubran ou se coloquen sobre os sensores, vese
, soa un asubío e a placa párase. Limpa ou
retira o obxecto e volve pór a placa en marcha
(5.1.2, 5.1.3).
Desconexión automática: Se te esqueces de
apagar o foco, este apágase automaticamente
nun período comprendido entre 1 e 10 horas
segundo a potencia seleccionada.
Importante. Á atención de usuarios con
estimuladores cardíacos e implantes activos: O
funcionamento da placa é conforme ás normas
de perturbacións electromagnéticas en vigor
(directiva 2004/108/CE). Foi deseñada para non
interferir no funcionamento dos demais aparellos
eléctricos na medida en que estes respecten
esa normativa. A placa de indución xera campos
magnéticos na súa contorna máis próxima.
Para que non haxa interferencias entre a placa
e un estimulador cardíaco, este debe ter sido
deseñado de conformidade coa normativa que
o contempla. Polo que se refire ao estimulador
ou posibles conformidades, podes consultar o
fabricante ou o teu médico.
Aparece ou
. Os circuítos electrónicos
requentáronse (4.1.3).
Durante o funcionamento os pilotos
escintilan. O recipiente utilizado non é apto.
Durante a cocción en potencias baixas
podes escoitar un clic-clac. É normal,
acéndese e apaga autorregulando a potencia
seleccionada.
Despois de apagar a placa, a ventilación
continúa. É normal, permite o arrefriamento dos
circuítos electrónicos.
  • Page 1 1
  • Page 2 2
  • Page 3 3
  • Page 4 4
  • Page 5 5
  • Page 6 6

Brandt IF-LIGHT30S Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário
Este manual também é adequado para